Novas de Cooperación Galega
12/07/2017
Convocatorias

Publícase a avaliación provisional dos méritos das persoas candidatas ás bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

En cumprimento do disposto na base sétima, apartados primeiro e segundo, da Orde do 15 de maio de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, unha vez finalizado o proceso de avaliación dos méritos das persoas solicitantes, dáse publicidade ao listado de puntuacións provisionais e ábrese o prazo para a realización de reclamacións e consultas sobre ela.