Proxectos
-
APOIO A FORMACIÓN DE EXPERTOS LATINOAMERICANOS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL
OBXECTIVOS: Realización do programa de apoio á formación de expertos latinoamericanos en cooperación internacional
ACCIÓNS: Financiar as actividades destinadas a cubrir os gastos de matrícula do Master en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG's da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais sufragaranse os gastos do aloxamento en réxime de pensión completa durante os nove meses de duración do programa
-
REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO MARCO DO PROXECTO DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL DOS PESCADORES ARTESANAIS DE CENTROAMÉRICA
OBXECTIVO: Apoiar a formación dos pescadores centroamericanos de xeito que coñezan o proceso de comercialización no sector da pesca artesanal e os distintos xeitos de introducir os produtos pesqueiros no mercado, así como familiarizarse coas posibilidades de asociacionismo que lles permita facer da pesca artesanal un factor de desenvolvemento das súas comunidades
-
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
OBXECTIVOS: Difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e da cooperación para o desenvolvemento.
- Fomentar a investigación sobre as causas do desenvolvemento a fin de fortalecer e abrir novas vías de cooperación -
AMPLIACIÓN DA CAPACIDADE TÉCNICA E DOCENTE DO HOSPITAL POLANA CANIÇO (MOZAMBIQUE)
OBXECTIVO: Ampliación da capacidade docente e clínica do Centro de Saúde de Polana Caniço, especialmente do proxecto de formación que se ven levando a cabo dende fai nove anos neste centro de saúde
-
APOIO A XESTIÓN DE DESFEITOS CASEIROS E DAS AUGAS USADAS NO DEPARTAMENTO DE FOUNDIOUGNE
OBXECTIVOS
- Mellorar a situación sanitaria e ambiental das poboacións da Comuna de Foundiougne e as comunidades rurais de Djirnda, Bassoul e Toubacouta
- Facilitar oa acceso a sistemas de evacuación de augas residuais, axeitadas ao medio que os rodea
- Sensibilizar e formar á poboación en cuestións de saneamento, preservación medioambiental e manexo dos sistemas de evacuaciónACCIÓNS
· Restauración do ecosistema do manglar e de outras especies estratéxicas
-
PLAN PILOTO PARA O MANEXO SOSTIBLE DOS RECURSOS BENTÓNICOS NA REXIÓN DE TACNA (PERÚ)
OBXECTIVOS
- Implementación dun Plan Piloto para o Manexo Sostible dos Recursos Bentónicos no litoral peruano
- Incrementar os coñecementos dos especialistas, administradores e pescadores artesanais no manexo sostible de recursos bentónicos e nos valores e funcións dos bancos naturais de recursos bentónicos.
ACCIÓNS
-
FORTALECEMENTO DOS PESCADORES ARTESANAIS DA REXIÓN ORIENTAL DE EL SALVADOR
OBXECTIVOS
- Mellorar as condicións dos pescadores e pescadoras artesanais da praia El Cuco por medio da modificación e modernización dos apeiros de pesca, embarcacións e potencia de motor
- Fortalecemento da conservación do produto dentro do mar (cadea de frío)
- Fortalecemento de artes de pesca existentes así como a introdución de artes novas de cara a descargar o recurso sobre explotado
ACCIÓNS
- Remodelación de 40 embarcacións de 21 pés de eslora
-
APOIO A ACTIVIDADE PESQUEIRA DAS COMUNIDADES PESQUEIRAS ARTESANAIS DO LAGO DE NICARAGUA E RÍO SAN JUAN
OBXECTIVOS
- Mellora das condicións de venda da produción pesqueira, de xeito que se manteña o valor nutritivo, a calidade e a inocuidade do produto, aumentando o seu valor económico
- Establecemento dun sistema de boas prácticas de manipulación e hixiene para aplicar en todo o proceso
- Continuar apoiando ás organizacións de pescadores que teñan amosado iniciativas para traballar en equipo
ACCIÓNS
-
APOIO AO MINISTERIO DE PESCA DE MOZAMBIQUE
OBXECTIVOS
- Mellorar a capacidade técnica do Ministerio de Pesca
- Apoio ao Laboratorio de Inspección de Pescado e ao Instituto de Investigación Pesqueira
ACCIÓNS
- Aluguer dunha embarcación para a realización dos estudos sobre o ”camarao de superficie”
- Desprazamento a Maputo dun técnico experto en bases de datos para concluir a instalación e operacionalización da base de datos SIRENO
-
APOIO A CONSTRUCIÓN DA INFRAESTRUTURA DUN MERCADO CENTRAL DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS NA CIDADE DE TEGUCIGALPA, FRANCISCO MORAZÁN
OBXECTIVOS
- Mellorar as condicións de comercialización e calidade dos produtos pesqueiros, así como as condicións sanitarias e ambientais dos produtos pesqueiros consumidos pola poboación da cidade de Tegucigalpa e os seus arredores
- Apoio a construción da infraestrutura necesaria para concentrar as actividades que se desenvolven na comercialización dos produtos pesqueiros nun mercado central da cidade capital
- Complementar o ordenamento, xestión e funcionamento das actividades do mercado de venda de produtos pesqueiros
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »