Proxectos
-
Implementación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 e consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
O convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as tres universidades galegas para a execución do proxecto de implementación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
-
Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
O convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficio destas poboacións póidanse impulsar.
-
Urxencia alimentaria nos Campamentos de Refuxiados Saharauís a causa do COVID-19 2021
O proxecto localízase nos Campamentos de Refuxiados saharauís do suroeste de Alxeria, a 26 quilómetros da cidade de Tindouf, nunha zona árida e desértica denominada a Hammada alxerina. A situación para os refuxiados máis vulnerables, que representan o 88% dos 173.600 refuxiados, viuse agravada xa que os suministros de alimentos de urxencia estanse esgotando debido á falta de fondos debido a continuidade da pandemia da COVID-19.
-
Protección e asistencia de poboación refuxiada venezolana en Colombia no contexto do COVID-19
En 2020 Colombia seguiu sendo o receptor dun maior número de refuxiados e migrantes provenientes de Venezuela, que alberga un estimado de 1,72 millóns de persoas, aproximadamente o 37% dos 4,6 millóns de venezolanos na rexión. A pesar dos esforzos do goberno colombiano, o 56,4% de venezolanos en Colombia estímase que están aínda nunha situación irregular.
-
Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA–MOZ 2ª Fase)
Este proxecto AQUA–MOZ 2ª Fase é a continuación das actuacións anteriores desenvolvidas por AdG, a UdC e a FUAC no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, reforzando a Administración Rexional de Augas do Sur e a Universidade Eduardo Mondlane.
-
Garantir o dereito á educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID-19
O proxecto busca garantir o acceso a unha educación primaria de calidade para a poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza durante o ano 2021 fronte á crise humanitaria agravada pola propagación do virus COVID-19.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de incidencia política e social.
-
Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Potencialidades da Economía Circular para o desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina
O aumento exponencial do consumo de produtos electrónicos é unha realidade en todos os países, tamén nos países de América Latina, o que implica un elevado consumo de minerais escasos e un aumento tamén exponencial de residuos electrónicos, que constitúen un grave problema de alcance global.
-
Recuperación de solos degradados por minería mediante a aplicación de bioadsorbentes
A industria mineira xera unha enorme cantidade de escombros e residuos trala extracción das menas de interese. Estas sobras son desbotadas ao medio natural, habitualmente na entorna das minas. Concretamente en Bolivia, existe un problema coa calidade das augas que abastecen parte da cidade de La Paz. Coñécese que isto é debido a problemas de subministro (volume de auga) e custo de tratamento das mesmas, posto que cando non chove, a auga utilizada procedente do desxeo non é suficiente para o abastecemento regular da cidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »