Proxectos

Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.

Buscar proxectos en

  • Campaña Mundial pola Educación 2014 (CME 2014)

    O proxecto dá continuidade ao traballo de sensibilización da sociedade galega en xeral e da comunidade educativa galega en particular, verbo da situación da educación no mundo. A ferramenta fundamental coa que conta cada ano esta Campaña é a celebración anual da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), unha acción global de mobilización social e incidencia política que se realiza en Galicia dende o ano 2003 no mes de abril. Dende 2008 a Campaña Mundial pola Educación en Galicia conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia.

  • Impulsando o consumo sustentable e a alimentación ecolóxica nunha ciudadanía crítica e informada (eco-consumo AdT)

    O presente proxecto segue unha liña de continuidade e reforzamento do traballo previo realizado no eido da sensibilización sobre a situación alimentaria global e a formación-capacitación no eido do consumo sustentable. O obxectivo é ampliar o traballo realizado na sociedade galega a prol doutro modelo de consumo e da construción de redes de colaboración cidadás. Baixo esta visión o proxecto vertébrase en dúas liñas de traballo: 1. A difusión da problemática alimentaria global e 2. O fomento da implicación da cidadanía en iniciativas de consumo sustentable

  • Entre-Nós II

    O proxecto Entre-Nós II, continuación doutro financiado na convocatoria do pasado ano 2012, contribúe a lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida. Logo de desenvolver unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo de Galicia e de crear grupos de traballo provinciais con estas entidades, continuará o traballo de xeito que se poidan elaborar liñas consensuadas de actuación e mellora da súa xestión.

  • Desigualdades (Fase III): da feminización da pobreza a feminización do desenvolvemento.

    Esta iniciativa pretende dar continuidade ao traballo iniciado durante os anos anteriores (2010-2012) a través da primeira e segunda fase deste proxecto tituladas “A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero” e “Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento”.

  • Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014

    O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña.

  • Alternativas na escola: Comercio xusto e soberanía alimentaria

    O consorcio que vincula a estas organizacións xurdiu no ano 2012 como consecuencia da experiencia e coincidencia en obxectivos entre elas, para desenvolver o proxecto “Sensibilizando á xuventude rural galega”, cuxo obxectivo foi o de sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos fundamentais: A Cooperación ao Desenvolvemento e o Comercio Xusto e Responsable (e, por ende, a Soberanía Alimentaria).

  • O que a túa neveira agacha: axentes multiplicadores cambian as súas pautas de consumo e as difunden contribuíndo á consecución dunha xustiza alimentaria global

    O proxecto ten como obxectivo específico lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global.

  • Vaia tea!

    A través do presente proxecto, Solidariedade Internacional de Galicia dá continuidade ao resultado doutros dous levados a cabo pola entidade: Comercio con Sentido, comezado en 2006 e Non te Consumas, comezado en 2009. Vaia tea!

  • Cooperación galega; o mundo que queremos 2013

    O presente proxecto conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen. Dunha banda, o feito de ir destinado a incorporarse no Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades galegas con experiencia no eido da EpD e do que ata o momento da formulación se teñen sumado 15. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.

  • Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudio de caso sobre a implementación do proxecto

    Este proxecto pretende facer unha reflexión rigorosa sobre as prácticas xeradas e a experiencia socioeducativa da implementación do proxecto de EpD “O tesouro de Acahualinca”, a través da realización dunha investigación centrada nunha análise comparativa de carácter descritiva dos proxectos de EpD e na realización dun estudo de caso sobre o citado proxecto, para xerar coñecemento que permita mellorar a práctica.