Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Educación comprometida co coidado da vida
A presente intervención da Fundación InteRed en Galicia, parte das leccións aprendidas en anteriores proxectos de educación para o desenvolvemento da organización para dar lugar á nova campaña denominada “Principios para unha Revolución dos coidados”, que ten como base a ética do coidado e a relación desta coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas.
-
Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.
O proxecto EpD_LAB da Asociación galega de reporteiros solidarios-AGARESO é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda) e un de Latinoamérica (Tecoluca, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación.
-
Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2015-2016
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir o acceso a servizos básicos como dereito e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
-
Campaña mundial pola educación 2016 en Galicia.
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Entreculturas, Educo, Taller de Solidaridad, Axuda en Acción) queren dar continuidade ao traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando á sociedade galega e á comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto de Asemblea de cooperación pola Paz agrupada co Asociación Galega de Reporteiros Solidarios -AGARESO constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2015-2016
Con este proxecto, Entreculturas da continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes). Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que incrementan as habilidades participativas, de compromiso social e cidadanía activa dos mozos e mozas galegos nos seus centros de ensino.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación - acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I
Con este proxecto Solidariedade Internacional de Galicia, en asociación coa Universidade da Coruña, pretende incidir na dimensión de investigación da ED. Para facelo, realizará unha investigación cualitativa baseada na metodoloxía da investigación-acción colaborativa. Este proxecto realizarase en dúas fases, sendo o tempo de execución do proxecto de 15 meses. No ano 2015, realizarase a primeira fase do proxecto, que responde ao análise sobre como introducir a dimensión global da ED de xeito transversal nun centro educativo galego.
-
Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015
Este proxecto conta con dúas ideas forza que dirixirán toda a posta en marcha: o traballo na educación formal que terá a característica de ser coordinado, colaborativo e participado entre SI Galicia e os centros educativos que se embarquen nesta aventura, e a intención de ser un proxecto de incidencia política, xa que nos levará a participar de forma axeitada en diferentes contextos onde se discuten, definen e negocian temas relacionados co benestar (en tódolos planos) das persoas.
-
Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia
O presente proxecto parte das achegas postas de manifesto na investigación en curso, entre SIG e o o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña (9-2013/11-2014), “Investigando na Educación para o Desenvolvemento. Un estudio de caso sobre a implementación do proxecto do Tesouro de Acahualinca” sobre a incidencia dos proxectos de EpD no ámbito escolar. Estas achegas están a confirmar as tendenzas postas de manifesto por la investigación en EpD en entornos escolares.
-
Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia
O proxecto pretende dar continuidade, ampliar a achega a novos públicos e colectivos e afondar nos procesos e logros acadados mediante os proxectos de EpD executados nos últimos anos, centrados nun enfoque de promoción e construción de alternativas que contribúan á soberanía alimentaria e a un cambio no consumo e no sistema alimentario cara un modelo baseado na sustentabilidade ambiental e na xustiza social.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »