Proxectos

Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.

Buscar proxectos en

  • Redes educativas para a sostenibilidade da vida

    A presente intervención, procura dar continuidade ao traballo que se está a executar co proxecto “Crear unha Rede galega de participación cidadá para dar pulo á Transformación Social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero”.

    Propóñense tres bloques de acción que permitirán avanzar e afianzar o traballo feito ata o momento:

    - O traballo en redes de confluencia das comunidades educativas en base ao tema dos coidados.

  • REACTIV-ARTE: Reformulando o activismo. A arte como xerador de cambios

    MPLICADAS defende o concepto do "artivismo" que implica que as persoas que están no mundo da cultura non só usan a súa capacidade de visibilización senón que se converten en partícipes dos procesos de transformación social, neste caso da man dos valores de IMPLICADAS nos que destaca sempre: o traballo en colaboración coas mulleres do Sur de igual a igual e dende o afán de coñecemento e solidariedade mutua, a incidencia na visibilización das mulleres como creadoras e como activistas nos seus propios contextos e en conexión, o valor das culturas propias fronte a h

  • Cidadanía global, educación e DDHH: empoderamento e participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2014-2015

    Os estudos existentes en Galicia e España revelan un déficit de cidadanía e participación activa entre a mocidade así como falla de cultura política, activismo e militancia en movementos e organizacións sociais. En relación á cooperación ao desenvolvemento, a mocidade presenta actitudes favorables cara á loita contra a pobreza e á política pública de cooperación. Malia valorar positivamente ás organizacións de voluntariado, este recoñecemento non se traduce en apoio, compromiso ou participación.

  • Campaña mundial pola educación 2015 en Galicia

    O equipo territorial da CME en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto queren culminar o traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando a sociedade galega e a comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.

    A CME quere poñer na axenda pública e política de Galicia o incumprimento na consecución dos obxectivos de EPT (Educación para Todas) o dos ODM, en especial dos obxectivos referidos á educación no mundo.

  • Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transversais a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa

    Este proxecto xorde coma continuidade daquelas propostas que tiveron maior impacto e coma resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras (ASF), a través do traballo levado a cabo durante os últimos 19 anos, das carencias formativas e da sensibilización no eido da habitabilidade e o hábitat, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da contorna de A Coruña e no contexto galego en xeral.
    Este diagnóstico é preocupante dentro dun marco de poboación mundial

  • Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do textil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 3ª Fase

     O obxectivo deste proxecto é contribuír á redución da feminización da pobreza no sector da confección e ao respecto aos dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable. Para iso, a cidadanía galega toma conciencia da problemática global da feminización do sector do téxtil e o impacto da deslocalización a través do coñecemento da realidade das traballadoras galegas e marroquís con formatos innovadores e apoian a campaña global polos salarios dignos e a necesidade dun consumo responsable de roupa.

  • Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario e promoción da formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento.

    Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación do proxecto EpD-CpD.
    As acción programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos, especialmente das mulleres.

  • Campaña Mundial pola Educación 2014 (CME 2014)

    O proxecto dá continuidade ao traballo de sensibilización da sociedade galega en xeral e da comunidade educativa galega en particular, verbo da situación da educación no mundo. A ferramenta fundamental coa que conta cada ano esta Campaña é a celebración anual da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), unha acción global de mobilización social e incidencia política que se realiza en Galicia dende o ano 2003 no mes de abril. Dende 2008 a Campaña Mundial pola Educación en Galicia conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia.

  • Impulsando o consumo sustentable e a alimentación ecolóxica nunha ciudadanía crítica e informada (eco-consumo AdT)

    O presente proxecto segue unha liña de continuidade e reforzamento do traballo previo realizado no eido da sensibilización sobre a situación alimentaria global e a formación-capacitación no eido do consumo sustentable. O obxectivo é ampliar o traballo realizado na sociedade galega a prol doutro modelo de consumo e da construción de redes de colaboración cidadás. Baixo esta visión o proxecto vertébrase en dúas liñas de traballo: 1. A difusión da problemática alimentaria global e 2. O fomento da implicación da cidadanía en iniciativas de consumo sustentable

  • Entre-Nós II

    O proxecto Entre-Nós II, continuación doutro financiado na convocatoria do pasado ano 2012, contribúe a lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida. Logo de desenvolver unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo de Galicia e de crear grupos de traballo provinciais con estas entidades, continuará o traballo de xeito que se poidan elaborar liñas consensuadas de actuación e mellora da súa xestión.