Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Campaña mundial pola educación 2018 en Galicia
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad, queren afondar e levar a cabo este proxecto no próximo curso escolar 2017 – 2018 co Obxectivo de “Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030”.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega; que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD, financiado pola DXREeUE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2016. As accións inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña
O “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” (en diante DH 2017-18) xorde coma proceso natural da acción de ASF-Galicia no cal se agroman aprendizaxes, dando por unha banda continuidade a labor de vindicación do hábitat dende o enfoque de dereitos.
-
Fomento da conciencia social, capacidade de comunicación crítica e interrelación entre o global e o local do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda
O proxecto EpD_LAB III é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda, A Guarda) e unha asociación de mozas e mozos de Latinoamérica (Usulután, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación.
-
USC sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable
O presente proxecto enmárcase na Axenda 2030 apuntando directamente ao seu obxectivo 12: garantir modalidade de consumo e produción sostibles. Concretamente o obxectivo específico é introducir o Comercio Xusto (CX) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a súa contorna como alternativa de consumo responsable e sostible.
-
Galicia fronte á desigualdade: respostas desde unha fiscalidade xusta
Con este proxecto preténdese contribuír a aumentar a capacidade e o impacto das persoas voluntarias, activistas e colectivos sociais de Galicia, que desde a aprendizaxe compartida de alternativas en políticas e prácticas fiscais para a igualdade, analizan, propoñen e mobilízanse para xerar un coñecemento e apoio público ao redor dun sistema fiscal que combate a desigualdade.
-
Procesos educativos para a construción dunha Cultura da Sustentabilidade, o Coidado e a Cooperación en Centros Educativos de Galicia.
O proxecto inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrada na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida ca superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica. Un enfoque educativo que pretende integrar nos procesos educativos escolares a formación teórica e o desenvolvemento de competencias e habilidades prácticas ancoradas na vida cotiá, que faciliten o exercicio dunha cidadanía responsable e transformadora da realidade.
-
Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda.
O proxecto EpD_LAB II é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Boiro, Viana do Bolo, Silleda, A Guarda) e unha asociación de mozas e mozos de Latinoamérica (Usulután, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación.
-
Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir a consideración do acceso a servizos básicos como dereito humano e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
-
Campaña mundial pola educación 2017 en Galicia
Descrición: Este proxecto quere dar continuidade ao traballo de sensibilización, formación e incidencia ante a situación da educación no mundo que a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia leva traballando durante máis de 10 anos no eido da comunidade educativa e dos actores de cooperación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »