Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Reactivación da protección civil saharauí
Esta proposta ten como obxectivo continuar o proxecto xa iniciado no 2018 e interrompido por mor da COVID-19. Este proxecto está centrado nos parques de bombeiros de Rabuni e Smara (construídos na anterior fase) co obxectivo de mellorar a súa capacidade de resposta nos campamentos saharauís ante crises de emerxencias.
-
Acompañamento biopsicosocial a mulleres indíxenas vulnerables en Perú
Este proxecto está centrado na análise do mapa da situación das mulleres indíxenas vulnerables en Cuzco, Perú, e no deseño e implementación dun sistema de comunicación con mensaxes a teléfonos móbiles para mellorar a súa saúde biopsicosocial das devanditas mulleres. Os resultados da investigación serán transferidos e aplicados nos servizos sociais de acompañamento e asesoramento a mulleres indíxenas vulnerables coa finalidade de facilitar o benestar social e a saúde biopsicosocial ás devanditas persoas.
-
Mulleres á frente dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música
Trátase dunha investigación aplicada en materia de cooperación ao desenvolvemento que pon o foco nas mulleres vinculadas coa música e outras artes escénicas, con base na potencialidade das artes en canto ferramentas de intervención para a transformación social. Inspírase na experiencia do grupo de mulleres de orixe caboverdiana “Batuko Tabanka”, de Burela, e na potencialidade do xénero musical do batuko, tradición cultural na illa de Santiago, onde existen decenas de grupos de mulleres unidas pola súa práctica, que se encontra nun proceso de estudo e valorización institucional.
-
Revalorización sustentable de residuos vexetais de alto valor engadido para inhibir a oxidación lipídica en sistemas alimentarios
O perigo de intoxicación alimentaria, con síntomas severos parecidos a alerxias causados polo consumo de peixe deteriorado, é elevado, comprometendo gravemente a seguridade alimentaria e facendo o peixe inaceptable para o consumo humano.
-
Vixilancia e evolución comparativa de actuacións agroforestais no Corredor Seco de Guatemala
O Corredor Seco abarca o 11.8% da superficie de Guatemala; nel, o bosque tropical caducifolio é o tipo de vexetación potencial dominante, o cal se atopa moi decimado e degradado debido á actividade antropozoógena. Tal deforestación afecta o ciclo hidrolóxico e provoca fenómenos erosivos graves. As familias máis desfavorecidas, maiormente da etnia chortí, apenas teñen terreos da súa propiedade para cultivar, concentrando esta actividade en pequenas porcións de terra comunal próximas ás súas vivendas.
-
Plan de resposta diferenciada e deseño da metodoloxía de construción de vivendas reasentamento ou retorno nas crises humanitarias de Cabo Delgado, Mozambique.
O proxecto pretende deseñar un plan de resposta diferenciado e innovador e unha metodoloxía de construción de vivendas para o reasentamento ou retorno da poboación desprazada polas crises humanitarias en Cabo Delgado. Para conseguilo, estableceuse desde un principio unha colaboración con Ayuda en Acción, que traballa en Mozambique desde 1997. Despois de analizar as necesidades dos distintos grupos de poboación (desprazados internos, familias acolledoras, familias en situación de vulnerabilidade, persoas maiores, persoas con diversidade funcional...
-
Patrimonio xeomorfolóxico dos portos de montaña nos itinerarios culturais: os casos dos portos internacionais Pehuenche e Planchón-Vergara nos Andes centrais (Mendoza, Arxentina) e os Camiños de Santiago na serra oriental de Galicia. Aplicación metodolóxica comparativa para a súa conversión como ferramenta de desenvolvemento endóxeno en poboacións de montaña.
Desde finais do século XIX non deixan de cobrar protagonismo as voces a favor da conservación da natureza, cando a sociedade toma conciencia de que o modelo de desenvolvemento provoca grandes alteracións, influíndo de xeito importante na saúde humana e no desenvolvemento económico dos distintos territorios.
-
Aprendizaxe-servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global.
Promover a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) na ensinanza da xeografía da África Subsahariana, en liña coas prioridades do V Plan Director da cooperación galega, a través da súa inclusión nos plans formativos pertencentes á Universidade Pública de Cabo Verde. A finalidade é artellar propostas formativas que, mediante a ApS, poidan servir como núcleos dinamizadores da transformación social e do fortalecemento da convivencia na comunidade de referencia.
-
Campaña Mundial pola Educación 2024.
A sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política son os eidos principais nos que se enmarcan as actividades do proxecto Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. A CME ten como principal obxectivo reivindicar o cumprimento do dereito á educación así como velar que os Estados leven a cabo os compromisos adquiridos polos seus gobernos e pola comunidade internacional en materia educativa, e promover así a consecución do ODS 4.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo.
Con esta iniciativa buscase contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito á protección a través da educación para a cidadanía e a transformación social.
Esta proposta constitúe unha segunda fase e propón un traballo en catro liñas principais:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »