Proxectos

Fortalecendo autonomía física, económica e política, desde o enfoque de medios de vida sostibles para mozos e mulleres rurais e indíxenas sobreviventes de violencias en 6 municipios de Nueva Segovia, Nicaragua

Proxecto de Solidariedade internacional de Galicia agrupada con Solida e con Solidariedade Galega

No período 2016- 2017, o Instituto de Liderado das  Segovias, xunto con  Solidariedade Internacional de Galicia e Solida, executou o proxecto “Construíndo novas identidades de xénero desde o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres sobreviventes de diferentes tipos de violencia, en 6 municipios en condicións de post guerra e pobreza, en Nova Segovia”, co financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Este primeiro proxecto deixou importantes resultados e cambios na vida da mocidade e mulleres segovianas. Con este interese e nunha perspectiva de proceso, propoñemos como seguinte etapa o proxecto “Fortalecendo a autonomía física, económica e política, desde o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres rurais e indíxenas entre  lideresas e sobreviventes de violencias, en 6 municipios de Nova Segovia”. Isto co obxectivo de que: Mulleres e novas e novos líderes e sobreviventes de violencia melloren as súas capacidades e habilidades psicosociais, empresariais e de toma de decisións, para unha cidadanía activa que contribúa á redución da violencia e a pobreza, en 6 municipios das  Segovias, Nicaragua. Para iso, preténdese facer unha triple abordaxe que atenda os planos persoal e comunitario (na promoción de coñecementos, actitudes e valores, así como o desenvolvemento de capacidades para o liderazgo), de fortalecemento económico (que contribúan a superar situacións de dependencia e, por tanto, vulnerabilidade) e de participación social (a través do traballo de incidencia política de organizacións de base e a mobilización social). As estratexias para lograr estes obxectivos e resultados, así como a súa sustentabilidade céntranse en vincular procesos de fortalecemento da autonomía física e política con procesos de autonomía económica, a través do protagonismo das mulleres e a mocidade a quen está dirixida o proxecto

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Nueva Segovia (departamento)
Axentes: 
SÓLIDA, Asociación para a Cooperación ó Desenvolvemento.
SOLIDARIEDADE GALEGA
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Fundación Instituto de Liderazgo de Las Segovias

Código CRS: 
15164 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuíuse á construción dunha cultura de respecto dos dereitos de mulleres e homes, á recuperación do poder persoal de sobreviventes de violencia, desde o fortalecemento dos seus medios de vida e a práctica de novas  masculinidades e identidades de xénero, nas zonas rurais e indíxenas de Nova Segovia.

Obxectivo específico: Mulleres e mozos  líderes e sobreviventes de violencia melloran as súas capacidades e habilidades psicosociais, empresariais e de toma de decisións, para unha cidadanía activa, redución da violencia e pobreza, en 6 municipios de Las Segovias, Nicaragua.

Resultados e actividades: 

RESULTADO 1.1: 120 mozos e mulleres líderes (indíxenas, rurais e mestizos/ as) lideran desde os seus movementos sociais a actualización, implementación e avaliación dos seus plans de transformación comunitaria, articulando redes e organizacións de base, para a redución da violencia,  empobrecemento e desigualdades.

  • A.1.1.1: Diplomado sobre  empoderamento político, físico e económico, desde a perspectiva de xénero, dirixido a mozos e mulleres de organizacións de base.
  • A.1.1.2: Xestión e implementación de axendas dos movementos sociais.
  • A.1.1.3: Organización e fortalecemento de grupos de cambio e de autoaxuda para o acompañamento comunitario á ruta de acceso á xustiza para mulleres vítimas de violencia.

RESULTADO 1.2: 70 mulleres e novos líderes/ as e sobreviventes de violencia implementan as súas iniciativas económicas con enfoque de cadea de valor e invisten os seus ingresos en mellorar a súa calidade de vida e autonomía.

  • A.1.2.1: Curso de educación financeira e xestión de negocios, con enfoque de cadea de valor desde o modelo de economía feminista.
  • A.1.2.2: Fortalecemento técnico e financeiro ás iniciativas económicas das mulleres sobreviventes de violencia.
  • A.1.2.3: Accións de sensibilización e vínculos co sector social da economía.

RESULTADO 1.3: 5 organizacións locais e movementos sociais defensores de dereitos das  Segovias, (160 persoas) articulados entre si e con espazos nacionais e rexionais, impulsan estratexias conxuntas para o exercicio da cidadanía de mulleres e novas, relacións igualitarias de xénero, prevención das violencias e defensa do medio ambiente en 6 municipios de Nova Segovia.

  • A.1.3.1: Cruzada de promoción e defensa dos dereitos humanos das mulleres e a mocidade.
  • A.1.3.2: Encontro con órganos comunitarios de SICA para expor demandas e propostas de mulleres e novas.
  • A.1.3.3: Implementación de estratexia de comunicación para o fomento de relacións de igualdade e respecto entre homes e mulleres (unha campaña de divulgación, educación e sensibilización, uso das tecnoloxías de información e comunicación).

 

RESULTADO 1.4: Fortalecidas as capacidades do  ILLS a través da xeración e xestión de coñecementos no marco do proxecto.

  • A.1.4.1: Elaboración dunha liña de base.
  • A.1.4.2: Sistematización sobre experiencias de vida de homes rurais e indíxenas na construción de novas  masculinidades
  • A.1.4.3: Realización dun itinerario formativo sobre capacidades e crecemento persoal para o equipo de traballo do  ILLS.
  • A.1.4.4: Realización da avaliación.
Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (112), Mulleres (238)

Indirecta: Homes (4.800), Mulleres (5.200)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 171.094,00 € (2018: 68.437,60 € / 2019: 102.656,40 €)