Plans directores

A cooperación galega para o desenvolvemento articúlase a través de plans directores cuadrienais e de plans anuais. Os plans directores conterán os obxectivos e as prioridades xeográficas e sectoriais, así como os recursos orzamentarios que orientarán a actuación da cooperación galega para o desenvolvemento durante o seu período de vixencia. Estes plans son aprobados polo Parlamento de Galicia por proposta do Consello da Xunta de Galicia, co informe previo do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.