Avaliacións de plans directores

Un dos sinais de identidade da Cooperación Galega é o alto grao de transparencia e de rendición de contas á cidadanía. Para este fin a actividade avaliadora é un elemento imprescindible, de xeito que a política de axuda teña progresivamente unha maior calidade e capacidade de impacto. Así mesmo, debido a que a política de cooperación se leva a cabo con fondos públicos é esixible un exercicio de rendición de contas.