A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, inaugurou esta mañá o Encontro Galego Portugués de Cooperación en Mozambique organizado pola ONGD Axuda en Acción. O goberno galego destina, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, 670.000 euros a proxectos a prol do desenvolvemento do país africano. Sotelo aludiu a necesidade de buscar vías de comunicación entre os actores de axuda de Galicia e Portugal aproveitando as posibilidades que brinda a proximidade da lingua e a cultura portuguesa. No acto estiveron presentes o Director Nacional de Acçăo Social do goberno de Mozambique, Álvaro Francisco, a Presidenta da Plataforma de ONGDS portuguesas, Sophie Robin, e o Director Xeral de Axuda en Acción, Rafael Beneyto