O relator especial de NNUU sobre a situación dos Dereitos Humanos en Gaza, Richard Falk, afirmou onte que Israel cometeu crimes de guerra na súa última ofensiva na franxa.
«A evidencia da violación da lei humanitaria é tan nidia que non teño ningunha dúbida da necesidade dunha investigación independente que demostre que Israel cometeu crimes de guerra», afirmou. Falk cre que cometeu crimes de guerra e contra a humanidade antes incluso, ao aplicar un bloqueo ilegal durante 18 meses, de comida, medicamentos e combustible, que pode ter afectado á poboación de por vida.
Ademais, para o relator da ONU, xudeu de relixión, os crimes de guerra agrávanse polo feito de que Israel non permitiu aos civís abandonar o territorio antes de bombardealo. Falk agregou que o crime é aínda máis grave porque un 70% da poboación son menores de 18 años, «co que a guerra librouse contra os nenos». E descartou o argumento de que a ofensiva israelí estaba baseada na «autodefensa». Non ten base legal, dixo. Ante esa realidade, Falk expresou o seu desexo e convicción de que Israel sexa condenado e perseguido polos seus crimes.
Aínda que as tropas abandonaron o mércores por completo Gaza, onte, cinco civís palestinos foron feridos por disparos efectuados dende barcos de guerra. O Exército asegurou que os disparos eran «unha advertencia» para impedir que barcos pesqueiros afastáranse da costa.
Onte, veciños de Beit Lahia denunciaron que despois de fuxir das súas casas polos bombardeos, Hamás ocupou os seus fogares e os converteu en cuarteis e postos de tiro. E acabaron sendo pasto dos ataques de Israel.
Hamás, pola súa banda, intenta agora liderar a reconstrución da franxa e manter adeptos. Anunciou que entregará mil euros a cada familia que perdera a un «mártir», 4.000 por casa destruída e 2.000 por casa danada.
Fonte: La Voz de Galicia
Máis información: