Otras noticias
25/01/2009
Outras novas

A colleita de África seméntase en Europa

Os países ricos levan décadas inxectando miles de millóns de euros aos países pobres en forma de axuda ao desenvolvemento con resultados claramente insuficientes: máis de mil millóns de persoas viven na pobreza extrema e as proxeccións indican que cada vez serán máis aos que lles custe satisfacer as súas necesidades enerxéticas diarias.

Son moitas as voces que piden un aumento da axuda para paliar esta situación, pero tamén as que sosteñen que ademais da cantidade de axuda hai que revisar a calidade da mesma. "As políticas están claramente equivocadas porque sigue aumentando o número de persoas que morren de fame. As terras están aí [nos países en desenvolvemento] e o potencial de produción tamén. É un problema político". Quen o di non é a portavoz dunha pequena ONG ultra- crítica, se non Soraya Rodríguez, secretaria de Estado de Cooperación, convencida de que hai que dar unha volta á situación.O cambio máis urxente, di, pasa por apoiar a produción agrícola. A pesar de que o 75% de persoas pobres dos países en desenvolvemento vive en zonas rurais e depende da produción agrícola, as axudas internacionais á agricultura caeron en picado durante os últimos 20 anos. A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento económico (OCDE) indica que a mediados dos anos oitenta, os países desenvolvidos destinaban cerca do 20% da axuda á agricultura. Esa porcentaxe roldaba o 7% en 2007 para o caso da axuda bilateral. A multilateral sufriu unha evolución semellante nas dúas últimas décadas. Á deficiente axuda da comunidade internacional hai que sumarlle a falta de inversión por parte dos Gobernos locais: en 2004, apenas un 4% do seu gasto público, segundo o Banco Mundial.

Dende fai anos a situación vai a peor, pero foi a revolta da fame do pasado ano a que fixo saltar as alarmas e a que provocou que agora os políticos revisen o modo de actuar. Porque cando os prezos do arroz, do trigo e do leite se dispararon, millóns de empobrecidos de medio mundo deixaron de poder comprar estes alimentos. Non puideron tampouco botar man dos seus cultivos ou das colleitas dos seus veciños, simplemente porque non existían. Quedaron á intemperie e segundo a xerga especializada, a súa "seguridade alimentaria" deixou de estares garantida.

O Goberno español tratará de reverter esta tendencia mañá en Madrid xunto ao secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, e centos de ministros, expertos, membros de ONG e de empresas durante a nomeada "reunión de Alto nivel sobre Seguridade Alimentaria para todos". "Os países doadores teñen que aportar máis, pero ademais, a axuda te que centrarse en producir máis e mellor; evitar que a produción dos países pobres se centre en monocultivos dedicados á exportación que xeran divisas pero non dan de comer á poboación", engade Rodríguez.

Organizacións multilaterais como a ONU o el Banco Mundial, que durante anos optaron por outras vías para erradicar a pobreza, insisten agora en que hai que volver a investir en agricultura, porque, explican, é un sector que resulta ata catro veces máis efectivo en xeración de ingresos para os máis empobrecidos que calquera outro. "A agricultura por si soa non bastará para reducir de forma masiva a pobreza, pero demostrou ser especialmente eficiente á hora de abordar a tarefa", reza o informe sobre desenvolvemento mundial de 2008 publicado polo Banco Mundial, dedicado á agricultura. Facía 25 años que o Banco Mundial non centraba o seu informe nesta cuestión. "É hora de volver a colocar este sector no centro do programa de desenvolvemento", di o documento.

Gonzalo Fanjul, experto en temas de cooperación e na actualidade investigador na Kennedy School de Harvard explica que nos noventa a cooperación deixou de apoiar á agricultura "porque, por unha banda, existía a sensación de que os cartos invertidos no sector rural non serviran de moito e pola outra, porque nese momento apareceron as grandes empresas de sementes, fertilizantes e comercialización e pensouse que eles ían ser capaces de solucionar o problema".Pero tamén, entonces e agora, o cambio obedece a mutacións ideolóxicas. "Eran os tempos do consenso de Washington [o que ditou a principios dos noventa unha serie de receitas para poder liberalizar os mercados nos países en desenvolvemento], nos que se confiaba nos axentes privados e críase que o Estado non debía participar en temas como a agricultura". Hoxe, o propio Banco Mundial da por morto o consenso de Washington e economistas coma o Nobel Paul Krugman avogan por un papel máis decidido dos axentes estatais. Existe o consenso de que por unha banda, non existen receitas únicas aplicables a todos os países pobres e que pola outra trátase de chegar a un punto medio entre o estatalismo dos setenta e o laissez-faire de los noventa.

"Fai falla a man visible do Estado", di o informe de desenvolvemento do Banco Mundial. "O Estado deberá contar con maior capacidade para coordinar os diversos sectores e formar asociacións con actores privados e da sociedade civil", engade.

Pero a pesar de que Gobernos os axentes do mundo da cooperación internacional chegaran á conclusión da necesidade de fomentar a produción agrícola en aras de garantir a seguridade alimentaria dos máis pobres e sobre o papel que debe xogar o Estado e a axuda internacional, o camiño para chegar a este fin atópase repleto de obstáculos. En primeiro lugar, porque a crise financeira provocada polo colapso das hipotecas de alto risco en Estados Unidos fixo que moitos Gobernos nos países do hemisferio norte opten por inxectar inxentes cantidades de fondos públicos no mercado para evitar o desastre. E temen os expertos en cooperación que os países en desenvolvemento non só vaian a ser os máis afectados pola crise debido á súa vulnerabilidade, senón que ademais vexan reducida a axuda que unha comunidade internacional sumida nunha crise económica lles envía. Os aportes advirten tamén, tenderán a centrarse na provisión directa de alimentos ante o urxente da situación e as inversións que xeren crecemento deberán de novo esperar.

"Atopámonos nunha situación moi perigosa na que xa se aprecian signos dunha nova crise alimentaria, pero aínda así, a crise financeira pode facer que algúns dos compromisos que se alcancen en Madrid acaben por non cumprirse", advirte Joachim Von Braum, director do International Food Policy Research Institute con sede en Washington e que participará na reunión de alto nivel de esta semana.E considera Von Braum que un dos asuntos que deben poñerse sobre a mesa en Madrid son as políticas comerciais, "porque non é posible garantir a seguridade alimentaria sen un comercio xusto". A crise do prezo dos alimentos fixo que moitos países en desenvolvemento pecharan os seus mercados por medo á falla de  abastecemento da súa poboación. "Deixaron de importar, pero tamén ocorreu que os países pobres viron fundida a súa produción", engade.

Tamén sinala a importancia de revisar as políticas comerciais Rames Sharma, economista do departamento de Comercio e Mercados da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que conta que un dos problemas é que moitos países en desenvolvemento pasaron nos últimos 20 anos de ser exportadores de produtos agrícolas a importar toneladas de comida suxeitas á volatilidade dos mercados. Os países pobres importan máis porque a poboación crece e porque xurden novos hábitos alimenticios. Pero tamén "porque durante os setenta e os oitenta os países ricos subsidiaron masivamente a súa produción agrícola e os mercados internacionais  enchéronse de comida barata". Moitos países en desenvolvemento entregáronse á importación porque resultaba máis barato comprar fora que producir na casa. "Os Gobernos [dos países pobres] deixaron de proporcionar sementes e fertilizantes ao tempo que a comunidade internacional deixou de enviar fondos para proxectos agrícolas e o campo secouse. Agora todo o mundo fala de investir en agricultura, de facer o que se debería ter feito fai 30 anos".

A secretaria de Estado española recoñece que durante anos, a Unión Europea envorcou os seus excedentes agrarios nos países en desenvolvemento, desfacendo a produción local. Pero asegura que "a UE foi abandonando pouco a pouco esas políticas. Sen embargo, outros países como Estados Unidos non o fixeron e hoxe unha explotación agraria estadounidense recibe un 50% máis de axudas que as europeas". Por iso, termina, "fai falla un compromiso global e iso é o que tentaremos en Madrid, crear unha alianza global contra a fame na que participen todos os Estados, ademais do sector privado e a sociedade civil".

Fonte:El Pais