Otras noticias
01/02/2009
Outras novas

As enfermeiras/os inscritos no programa “Vacacións Solidarias” participarán nun taller formativo

Os enfermeiros españois inscritos no programa “Vacacións Solidarias”, organizada polo Departamento de Cooperación Enfermeira da Fundación para o Desenvolvemento da Enfermería, FUDEN, participarán nun taller formativo en cooperación internacional que terá lugar en Cuenca durante o mes de abril.

A quinta edición de “Vacacións Solidarias” ponse en marcha en 2009 coa incorporación de Santo Tomé e Príncipe (África) á lista de destinos aos que os enfermeiros españois, que desexen participar na iniciativa, poden acudir.

Ata o momento os profesionais españois da enfermería podían ir a Cuba, Nicaragua e República Dominicana para acompañar e observar o traballo dos seus compañeiros locais durante un mes, coa finalidade de compartir experiencias e coñecer sistemas sanitarios e educativos distintos ao español.

Ademais, esta edición pretende, segundo FUDEN, aumentar a implicación dos profesionais enfermeiros coa preparación dunha sesión de enfermería, relacionada coa súa práctica asistencial diaria, que despois impartirán aos compañeiros que traballan nos centros sanitarios dos países aos que viaxen.

O prazo de pre- inscrición permanecerá aberto entre o 1 de febreiro e o 15 de marzo de 2009.

Fonte: Europa press

Mais información

Máis información