O secretario xeral do Grupo Socialista, Ramón Jáuregui, presentou unha proposición non de lei sobre a Responsabilidade Social das Empresas para o seu debate no pleno do Congreso. No documento ínstase ao Goberno a impulsar a RSC, especialmente nas Administracións Públicas.
O documento, presentado no rexistro do Congreso dos Deputados a pasada semana, sinala que a crise económica non debe cuestionar a cultura da responsabilidade social das empresas, en gran parte porque a crise económica e financeira que sufrimos foi provocada pola irresponsabilidade e pola imprudencia, pola procura do máximo beneficio para uns poucos, en pouco tempo, facendo insostible o negocio mesmo. Por iso moitos cremos que desta crise derivarase un crecemento da responsabilidade- e sostibilidade no núcleo do negocio das empresas.
Ramón Jáuregui, redactor e relator da proposición ante o pleno do Congreso apunta que "A crise que sufrimos demostrounos que a visión cortopracista da actividade empresarial e a procura do máximo beneficio no menor prazo saíron derrotadas: son case sempre causa de resultados tráxicos. A aposta pola tecnoloxía, a innovación, o coñecemento e a formación como clave de competencia, sae fortalecida dunha crise que golpea o contrario. Unha empresa "limpia", ecolóxica, sostible, cunha base de responsabilidade social emerxe da crise cun plus de competencia fronte á empresa "tóxica" e irresponsable. "
No texto considérase que é momento de estender á Administración Pública, as súas empresas e as entidades que xestionan servizos públicos fundamentais, a cultura da responsabilidade social: hospitais, universidades, empresas contratadas ou subcontratadas por esta para a xestión de servizos públicos fundamentais, deben ser exemplo destas prácticas e desta cultura da responsabilidade - sostibilidade.
A proposición non de lei, conclúe realizando unha serie de recomendacións ao executivo para promover a Responsabilidade social da empresa:
1- Impulsar unha xestión socialmente responsable das Administracións Públicas, mediante actuacións que favorezan a transparencia, a cultura do traballo que crea valor no seo da Administración Pública, a conciliación da vida laboral persoal e familiar dos empregados públicos, (xa recollido na regulación legal no Plan Concilia) e a incorporación de cláusulas sociais e medio ambientais nos contratos públicos, ao amparo da nova lei de Contratos do Sector Público, (Artigos 49, 102, 134 e Disposicións Adicionais Sexta e Sétima).2- Incorporar os grandes retos da loita contra a pobreza, obxectivos do Milenio respecto aos Dereitos Humanos, dende a perspectiva das prácticas socialmente responsables, ás empresas españolas nas súas actuacións internacionais.3- Favorecer a inversión socialmente responsable (ISR), tanto no sector privado como no público e, especialmente neste último caso, propiciar a consideración dos aspectos sociais e medio ambientais.4- Fortalecer a cultura do consumo responsable que axude a facer máis partícipes aos cidadáns como consumidores, para demandar bens e servizos que sexan producidos baixo criterios de responsabilidade social empresarial.5- Fomentar a transparencia empresarial mediante a incorporación ás empresas da información que realizan a traveso do triplo balance: económico, social e medio ambiental.6- Potenciar o diálogo de todos os grupos de interese relacionados coa RSE, a traveso do Consello Estatal.7- Favorecer a expansión cultural, educativa e formativa da RSE, introducindo contidos do desenvolvemento sostible e da RSE, nos distintos niveis educativos.8- Favorece re coordinar no seu caso, as políticas autonómicas de apoio á RSE, entendendo que a tarefa dos gobernos autonómicos nesta materia é particularmente idónea e importante na expansión da RSE ás PEMES.
Fonte: Diario Responsable
Máis información