José Eduardo dos Santos, presidente de Angola, afirma que a súa permanencia no poder é aínda lexítima a pesares da incerteza sobre si o país será capaz de celebrar eleccións presidenciais este ano.
Dos Santos, en declaracións en Lisboa, dixo que as tan esperadas eleccións presidenciais terán lugar en Angola só despois de que se leve a cabo a aprobación da nova lei constitucional, algo que segundo o presidente angolano acontecerá este ano, se ben sen dar un prazo determinado.
José Eduardo dos Santos afirmou que dende a celebración das eleccións parlamentarias, unha Comisión Constitucional foi creada para preparar unha nova lei suprema do país, que unha vez aprobada establecerá o calendario para a realización das presidenciais.
Angola celebrou eleccións parlamentarias, nas que o grupo no poder, o Movemento Popular para a Liberación de Angola (MPLA) fíxose coa vitoria en setembro de 2008, sendo as primeiras eleccións que se celebraban no país en 16 anos.
As eleccións presidenciais serán as primeiras de este tipo que o país celebra dende 1992.
Fonte foto: ADN
Fonte: Afrol News