Otras noticias
23/03/2009
Outras novas

A Coordinadora ONGD-España dá a coñecer o Informe Anual sobre o sector das ONGD 2008

A Coordinadora ONGD-España fixo pública o 23 de marzo a versión on-line do Informe Anual sobre o sector das ONGD 2008, que recolle os datos referentes ao exercicio 2007. A pesar de que nese ano se produciron certas noticias negativas sobre algunhas ONG (non federadas na Coordinadora), as cifras recollen o apoio que recibiu o sector e a súa consolidación:

  • Os fondos das ONGD en 2007 ascenderon a 670 millóns de euros, aumentando un 33% os ingresos provenientes de cotas periódicas de particulares
  • Latinoamérica segue sendo o destino prioritario da cooperación española
  • Máis de 33.000 persoas participan nas actividades das ONGD. Case 5.000 como persoal remunerado e máis de 25.000 como voluntariado
  • Case un millón de particulares e entidades privadas apoiaron economicamente as ONGD

 

Fonte: Coordinadora ONGD-España