Otras noticias
17/04/2009
Outras novas

España destina 20 millóns a axuda alimentaria a África

O Consello de Ministros do Goberno español autorizou hoxe a concesión dunha subvención por un importe de 20 millóns de euros, á Reserva Alimentaria Internacional de Emerxencia, do Programa Mundial de Alimentos (PMA) de Nacións Unidas.
A finalidade da subvención é a de atender chamamentos do Programa Mundial de Alimentos mediante asistencia alimentaria en situacións de emerxencia e operacións prolongadas de socorro no marco da cooperación internacional.

No marco dos Chamamentos de Emerxencia de Nacións Unidas (UNCAP) para 2009 está previsto que se financien ao Programa Mundial de Alimentos axudas, por importe de 4.400.000 euros, para as seguintes áreas xeográficas: Uganda, Zimbabwe, Chad, Kenya e Somalia.

Fóra do marco dos Chamamentos de Emerxencia de Nacións Unidas (UNCAP) para 2009, o financiamento, que ascenderá a 8.400.000 euros, destinarase a Etiopia, Filipinas, Sahara, Perú, Bolivia, Ecuador e Bangla Desh.

A cantidade restante xustifícase por posibles, moi previsibles, necesidades sobrevidas ás ata agora identificadas.

 

Fuente: afrol News