Vicente Ferrer, unha das figuras máis relevantes no ámbito da Cooperación, faleceu esta madrugada á 1.15 (hora española) na súa residencia de Anantapur, na India, país onde traballou os últimos 40 anos da súa vida. O ex xesuíta e cooperante catalán tiña 89 anos, e padecía nos últimos tempos problemas de saúde.
Vicente Ferrer, referente internacional no ámbito do traballo humanitario e no mundo da cooperación, foi galardoado entre outros premios e distincións co Príncipe de Asturias da Concordia en 1998.