China encontrou en África a principios do século XXI o territorio virxe e prometedor que lle permite saciar a súa sede de recursos, ao igual que EUA tivo no século XIX o seu far west e Europa ata o século XX ao resto do mundo. En 2008, o comercio entre China e África alcanzou un valor de 76.000 millóns de euros, dez veces máis que en 2000. A cifra é catro veces superior ao total da axuda oficial ao desenvolvemento que recibiu o continente africano en 2008.
O exótico encontro entre dúas civilizacións tan afastadas beneficia a unha e outra. A China repórtalle as materias primas e a enerxía que demanda a súa voraz economía, e aos africanos un despegue económico sen precedentes dende os anos sesenta, cando se acelerou a descolonización. Nos últimos cinco anos África creceu a unha media do 5%.
Fonte: El País.