Otras noticias
04/05/2010
Outras novas

Médicos sin Fronteras continúa a campaña de sensibilización: Enfermos esquecidos

Todas elas teñen diferenzas clínicas, cada unha é causada por un parasito ou virus diferente, as súas consecuencias non son iguais,..... Porén, todas teñen en común que se cobran a vida de 8.000 persoas cada día.
Persoas pobres que viven nos países en vías de desenvolvemento e que non interesan nin aos gobernos, nin á comunidade internacional, nin ás farmacéuticas, nin aos medios de comunicación.

Médicos sin Fronteras realiza un chamamento para evitar que anualmente morran 3 millóns de persoas que están esperando un tratamento para algunha destas 6 enfermidades que teñen cura.
Pide a gobernos, institutos de investigación e farmacéuticas que empecen a investir máis recursos para mellorar a I+D destas enfermidades, conseguir probas de diagnóstico axeitadas e adaptadas ás realidades dos países en vías de desenvolvemento, novos tratamentos eficaces, non tóxico, accesible e apartados e probas de curación.

Acceso ao cibermaratón: www.yonolvido.org

Exposición: http://yonolvido.org/visitaexpo.php