Ata o 19 de marzo 2010 poderán participar mozas e mozos europeos de entre 10 e 14 e entre 15 e 18 anos en equipos de catro, supervisados por unha persoa adulta, coa creación dun cartel que ilustre un dereito tratado na Convención de Dereitos do Neno de Nacións Unidas.
Quen gañe a nivel nacional presentará os seus carteis nunha cerimonia de entrega de premios a semana do 10 de abril 2010.
Os equipos seleccionados para a final europea irán a Bruxelas do 8 ao 10 de maio 2010 para asistir á cerimonia europea de entrega de premios presidida polo presidente Barrot, e visitarán as institucións europeas e a cidade de Bruxelas.
Educación Sin Fronteras coordina en España por cuarto ano consecutivo este concurso. Para máis información, visite a súa web: www.educacionsinfronteras.org
Para máis información do concurso e instrucións para o rexistro visite a páxina www.europajovenes.eu ou escríba a espana@europajovenes.eu
Otras noticias
14/01/2010
Outras novas