Publicouse a convocatoria 2010-2011 do III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento "Vicente Ferrer" para centros docentes sostidos con fondos públicos (públicos e concertados).
Este premio, convocado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento en colaboración co Ministerio de Educación, ten por obxecto premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas que se estean levando a cabo nos centros educativos sobre Educación para o Desenvolvemento ao longo do curso 2010/2011 destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico, e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible. Premiaranse 15 experiencias educativas, repartidas entre os distintos niveis educativos de infantil, primaria, secundaria, educación de persoas adultas, formación profesional e bacharelato. O premio consistirá en que un máximo de duas das persoas docentes responsables de cada experiencia educativa premiada viaxarán a Bolivia para participar no "Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento" celebrado baixo o auspicio da AECID. O Seminario celebrarase no Centro de Formación da Cooperación Española de Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) entre o 27 de agosto e o 4 de setembro de 2011, terá unha duración de 40 horas recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación.
Otras noticias
28/03/2011
Outras novas