Dirixido responsables e persoal voluntario de organizacións de acción social, así como a responsables e persoal técnico das Administracións Públicas Galegas, sindicatos, investigadores e persoal da comunidade universitaria, terá tres eixos condutores:
A análise da implantación da Estratexia Europa 2020 e dos compromisos que para Galicia supón o recentemente aprobado Plan Nacional de Reformas nos seus apartados de emprego e loita contra a pobreza e a exclusión, e no que se recollen algunhas das propostas do Terceiro Sector de Acción Social galego. Con especial atención ao Anteproxecto da nova Lei de Inclusión Social de Galicia.
A articulación e a incidencia política dende o Terceiro Sector de Acción Social galego nun contexto presente e futuro de crise económica e social.
A participación de persoas en situación ou risco de exclusión nas nosas entidades e nos medios de comunicación.
Mais de 30 especialistas a nivel europeo, estatal e galego, teñen prevista a súa participación neste Foro no Centro Social Novacaixagaicia (Praza de Cervantes. Santiago de Compostela). Difundirase ademais completa información como o informe realizado dende EAPN Galicia "Concretando a Estratexia Europa 2020 en Galicia: Retos en materia de exclusión Social"
As prazas son limitadas, polo que a inscripción previa e gratuita, poderase facer ata ao 24 de xuño, indicando nome e apelidos, DNI e institución ou entidade á que pertence se é o caso, así como a selección dos 3 coloquios aos que te gustaría asistir.