Otras noticias
12/04/2012
Outras novas

Deu comezo a representación da obra teatral a Viaxe de Ana en Centros Educativos de diferentes vilas galegas.

Iniciase a segunda parte do proxecto Trocando Peles II; un proxecto de sensibilización sobre xénero e migracións promovido por ACSUR Galiza e financiado pola Xunta de Galiza, que pretende fomentar o coñecemento, a solidariedade e a creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria. Nesta fase do proxecto, o Grupo de Teatro da Oprimida de A Coruña, formado en cursos previos e integrado por mulleres migrantes e autóctonas está representando, desde Febreiro de 2012 -e ata o verán-, a obra teatral “A viaxe de Ana” nos centros educativos e IES de diferentes vilas galegas. “A viaxe de Ana”, unha obra baseada na metodoloxía do Teatro do Oprimido, amosa a vida dunha muller migrante no país que a acolle, tentando reflectir algunha das problemáticas ás que moitas destas mulleres teñen que facer fronte cando chegan ao destino proposto. A través desta metodoloxía do Teatro do Oprimido preténdese traballar de xeito colectivo o desenvolvemento de ferramentas participativas cos e cas mozas de ESO e Bachiller, pois ésta permite realizar e ven acompañada dun foro-debate sobre a interculturalidade, a diversidade e o fomento de valores solidarios que se enmarca dentro mesmo da obra teatral.