Otras noticias
12/04/2012
Outras novas

ACSUR Galiza presenta a exposición fotográfica “Mirada en Construcción”, no marco do proxecto “Trocando Peles II”, financiado pola Xunta de Galiza, co obxectivo de

Iniciase coa presentación da exposición fotográfica “Miradas en Construcción”, a terceira parte do proxecto “Trocando Peles II”, financiado pola Xunta de Galiza, co obxectivo de "Fomentar o coñecemento, a solidariedade e creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria".
“Mirada en Construcción" é unha exposición de fotografía documental, realizada por mulleres inmigrantes, no marco de proxecto VEU DONA SUD (ACSUR Cataluña), e que ACSUR Galiza vai a difundir en al menos cinco concellos galegos para invitar á cidadanía á reflexión sobre os diferentes aspectos da migración femenina.
Os días de inauguración en cada concello, realizaránse video-forums coa proxección de dúas curtas documentais elaboradas tamén por mulleres migrantes, co fin de crear un espazo de reflexión e debate sobre Xénero e Migracións. As curtas a proxectar son:
“Desafiando fronteiras” y “Mujeres camino” (poden verse en www.vimeo.com)
O primeiro dos concellos nos que se levará a cabo esta actividade será o Concello de Negreira, que dende o 11 e ata o 25 de abril acollerá a exposición fotográfica na Casa da Cultura.
Invitamos a todas aquelas persoas interesadas a que participen nesta actividade de sensibilización centrada no Xénero e as Migracións.