Con motivo da Semana de Acción Mundial pola Educación, o próximo martes 24 de abril terá lugar un acto público no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) para reivindicar o dereito á educación e á atención da primeira infancia (AEPI). Ao acto acudirán máis de 50 rapaces e rapazas de diversos centros escolares de Galicia que presentarán a Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación, Jesús Gamallo, Director Xeral de Relaciones Exteriores e coa UE, e Pilar Romero, Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, as súas reivindicacións políticas en materia de educación dos máis pequenos.
Para levar a cabo a súa reivindicación, a CME propón realizar "A Grande Imaxe", é dicir, unha gran colaxe composta por todas e cada unha das imaxes (fotos, debuxos, etc.) que nenos, nenas, mozos e persoas adultas quixesen compartir inspirándose no dereito á atención e á educación na primeira infancia.
A Grande Imaxe presidirá o evento do próximo día 24 de abril no MUPEGA e ademáis tamén estará nos diversos actos que a CME desenvolverá por toda Galicia nos vindeiros días (Tui, A Coruña, Vigo e Viana do Bolo).
A Campaña Mundial pola Educación convida a toda cidadanía galega a apoiar estes diversos actos e a enviar a súa fotografía a prol da Educación Universal de Calidade a seguinte dirección
cme-galicia@cme-espana.org .