O premio quere poñer en valor e difundir o potencial que ten a Enxeñaría, en todas as súas facetas e especialidades, como ferramenta de transformación social, no Norte e no Sur, no proceso de consecución, posta en práctica e reivindicación do cumprimento dos Dereitos Humanos. Así, recoñeceranse os traballos tecnolóxicos de ensaio, investigación e busca bibliográfica que acheguen innovacións, prácticas e teóricas, dende as Escolas de Enxeñaría de todo o Estado español, reivindicando o papel e o compromiso destas institucións na transición cara a un desenvolvemento humano sostible en todo o mundo.