Otras noticias
12/07/2012
Outras novas

Orde AEC/1510/2012, do 21 de xuño, reguladora das bases para a concesión de subvencións para a realización de actividades no marco do P.D.C.E. a fundacións e asociacións dependentes de partidos políticos con representación parlamentaria.

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación valora de forma moi positiva as actividades que as fundacións e asociacións dependentes de partidos políticos realizan para contribuír ao fortalecemento da cultura democrática nos países obxecto da Cooperación Española, a través de programas de formación, seminarios, publicacións, investigacións e encontros. Por esta razón, dende hai algúns anos contouse cunha partida prevista nos Presupostos Xerais do Estado destinada a conceder axudas e subvencións a esta actividade.