Otras noticias
26/10/2012
Outras novas

Novo curso de formación e participación para o alumnado universitario galego en Cooperación ao Desenvolvemento

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia (DXREeUE), e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza o “Curso de Formación para alumnado universitario Galego en cooperación ao desenvolvemento”. O curso, de carácter teórico-práctico, ten como finalidade formar a mozos e mozas galegos na metodoloxía básica para a execución de proxectos de cooperación, así como propiciar un espazo de diálogo sobre diferentes temáticas da realidade social a nivel mundial, concretamente, sobre as intervencións que ACPP e AGARESO veñen realizando nos países onde traballan.

Os contidos a tratar serán os seguintes: Cooperación ao desenvolvemento, os seus antecedentes, os proxectos de cooperación (tipoloxía, perspectivas, principios básicos e actores) para finalmente abordar o ciclo de formulación de proxectos (identificación e estratexias de intervención, elementos principais do proxecto, proposta de análises da formulación, valoración cualitativa da proposta, programación e formulación de proxectos e execución, seguimento e avaliación de proxectos. Este curso constará dun módulo de Comunicación para o desenvolvemento (CpD) e de xornalismo social.