O Máster Erasmus Mundus en Saúde Pública e Desastres é un programa conxunto organizado pola Unidade de Investigación en Emerxencias e Desastres da Universidade de Oviedo, a Unidade de Saúde Mundial do Instituto Karolinska (Suecia) e o Centro para a Investigación en Epidemioloxía e Desastres da Universidade católica de Lovaina (Bélxica). O obxectivo desta nova proposta educativa é formar en capacidades que reduzan o risco de desastres a través do coñecemento, a experiencia e a investigación, coa finalidade de contribuír a unha saúde mellor e máis específica centrada na axuda tras unha situación de desastre.
O Máster ten unha duración dun curso académico e ofrece un programa de prácticas que poderán realizarse nunha das trece universidades e institucións asociadas. Esta nova proposta académica, debido á súa oferta de carácter mundial, impartirase integramente en lingua inglesa, polo que as persoas interesadas deben acreditar un coñecemento e dominio deste idioma.