Segundo esta organización feminista, o momento que se está a vivir de recortes de dereitos afecta de xeito especial ás mulleres. Isto obriga a coñecer, debater e tecer redes de traballo para enfrontar esa siuación. Neste sentido, dous son os grandes obxectivos que se pretenden acadar con estas xornadas. En primeiro lugar, favorecer o coñecemento e o fortalecemento de capacidades de distintos actores da sociedad galega para a promoción e defensa dos dereitos humanos das mulleres desde un enfoque de xénero e dereitos. A segunda das metas propostas consiste na promoción e defensa dos Dereitos Humanos das mulleres do Norte e do Sur en relación a dous eixos: os dereitos económicos e os dereitos sexuais e reprodutivos.
Para participar nestas xornadas, é imprescindible confirmar asistencia mandando nome e contacto a galiza@acsur.org.