Esta xornada de formación está dirixida principalmente á base social de Enxeñería sen Fronteiras e outras ONGD que desexen achegarse ao Teatro Social de cara a facilitarlles unha nova ferramenta de incidencia e sensibilización social. A dinamización deste primeiro obradoiro correrá a cargo do grupo Teatro da Oprimida, un colectivo que xorde como parte dun proxecto de Educación para o Desenvolvemento de ACSUR-Las Segovias Galiza, durante o ano 2011.
Enxeñería sen Fronteiras quere aproveitar esta oportunidade, non só para aprender, senón tamén para reciclarse e reinventar novas formas de acción para a incidencia e a sensibilización. O taller terá lugar no Campus de Elviña de A Coruña en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.