Otras noticias
15/01/2013
Outras novas

O Seminario Galego de Educación pola Paz celebra o Día Escolar pola Paz

Coincidindo co 65 aniversario da morte Mahatma Gandhi , o Seminario Galego de Educación pola Paz celebra, un ano máis, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a través dunha intensa xornada de actos programados nas cidades de Ourense e Santiago de Compostela.

A xornada comezará ás 12:00 horas na Praza de San Martiño de Ourense, onde se presentará a exposición Paraugas pola Paz, un traballo realizado polo alumnado do Colexio de Prácticas. A continuación, procederase á lectura do Manifesto pola Paz que rematará coa actuación musical de Emilio Rúa.

Pola tarde, ás 19:00 horas, a cita trasládase ao Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela. Alí entregarase o Premio Portapaz 2012 á plataforma “Stop Desafiuzamentos” que rematará coa actuación do polifacético músico galego Xoán Curiel. Ás 21:00 horas celebrarase unha cea homenaxe coas persoas galardoadas.