Os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á Cooperación para o Desenvolvemento permiten planificar as accións de forma que maximicen os impactos desexados nos lugares máis desfavorecidos, evitando que se solapen actuacións de varios actores. Por outro lado, ofrecen vantaxes en todo o ciclo do proxecto de cooperación; tanto nas fases iniciais (identificación e estudo de solucións) e no seu desenvolvemento, coma nas fases posteriores á propia implementación (seguimento e avaliación).
Este curso online de 90 horas de duración comezará o vindeiro 25 de febreiro e finalizará o 2 de xuño. As prazas son limitadas (50) e vai dirixido tanto a públicos máis especializados (técnicos de cooperación para o desenvolvemento e técnicos SIX) coma para todo o alumnado universitario e traballadores que queiran iniciarse no mundo da cooperación para o desenvolvemento. Para a elaboración dos contidos desta segunda edición do curso contouse coa colaboración de Enxeñería sen Fronteiras Cataluña, Enxeñería sen Fronteiras Galicia, CartoLab, LaboraTe e Icarto. O curso conta co financiamento da Xunta de Galicia.