Segundo a fundación Jóvenes y Desarrollo, atopámonos nun cambio de época, non só a nivel económico, senón tamén a nivel humano; no que se constata a non sustentabilidade do modelo sistémico actual. A raíz desta preocupación, Jóvenes y Desarrollo organiza nos vindeiros 14 e 21 de febreiro, dúas xornadas de reflexión e debate, nas que se contará coa presenza de nomes importantes dentro do panorama das finanzas éticas galegas e estatais.
14 de febreiro: A quen serve o meu diñeiro?
O próximo 14 de febreiro, celebrarase no Auditorio da Hospedaría en San Martín Pinario a conferencia sobre Banca Ética “A quen serve o teu diñeiro?”, que contará coa participación de Joan Melé, Subdirector Xeral de Triodos Bank. A conferencia dará comezo ás 19:30 horas e será presentada por Manuel de Castro, presidente da Fundación Jóvenes y Desarrollo.
21 de febreiro: Artellamento do financiamento ético en Galicia
O 21 de febreiro terá lugar a mesa redonda sobre o “Artellamento do Financiamento Ético en Galicia” no que participarán as diversas organizacións que están a protagonizar a construción desta alternativa en Galicia. O acto comezará ás 19:30 horas no mesmo espazo que o evento anterior, no Auditorio da Hospedaría de San Martín Pinario.
As relatoras da mesa redonda son:
Montse Rodríguez, Presidenta da AIS O Peto
Ana Lorenzo, Presidenta de Coop57 en Galicia
Paula Lubián, Vicepresidenta de FIARE en Galicia
Tamara Lemos, directora da oficina de A Coruña de Triodos Bank
O proxecto
Estas actividades enmárcanse dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento “Abre unha xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto”, financiado pola Xunta de Galicia.
Ao final dos dous eventos, Jóvenes y Desarrollo ofrecerá unha degustación de produtos de Comercio Xusto, presentando así a aposta desta fundación polo comercio cun punto de vista ético, social e ecolóxico.