A conferencia “Vivir Ben: leccións aprendidas no proxecto de contribución á soberanía alimentaria en comunidades campesiñas do norte de Potosí", celebrarase no local da organización galega, na Rúa da Rosa número 36 en Santiago de Compostela. Gonzalo M. Gesto Quiñoy, socio de Panxea e avaliador do proxecto, será o encargado de impartir a charla.