A organización feminista ofrece un espazo de reflexión e encontro colectivo no que aprender a escoitarse e a compartir experiencias para iniciar procesos de cambio e crecemento persoal. O obxectivo destas dúas xornadas é a formación de persoas e profesionais que desexen mellorar a súa relación consigo mesmas e co seu entorno, e que, ademais, queiran aumentar a calidade das súas intervencións sociais e comunitarias.
As xornadas celebraranse en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas, e serán impartidas por María Martínez de la Colina e Roxana Volio Monge, ambas formadas en Autocoñecemento, Relacións Humanas e Grupos Comunitarios para a Saúde.
Ás persoas que queiran asistir e que sexan de fóra da cidade de A Coruña, aboaráselles o desprazamento sempre que presenten os xustificantes requiridos.