A Fundación Balms para a Infancia e a Fundación Taller de Solidariedade uníronse en consorcio para desenvolver o proxecto: Formación laboral como medio para a formación integral de adolescentes traballadores/ás de Piura co apoio económico da Xunta de Galicia.
Con motivo da visita de Gabriela Rentería, directora de CANAT, ONG local que está a executar o proxecto en Perú, realizarán charlas e exposicións este luns día 25 en Vigo.