Otras noticias
13/03/2013
Outras novas

Enxeñería sen Fronteiras organiza o VIII Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano

Co obxectivo de ofrecer un panorama xeral e introducir coñecementos sobre a Cooperación e o emprego nesta materia de Tecnoloxías apropiadas para o Desenvolvemento Humano, a asociación galega Enxeñería sen Fronteiras presenta a oitava edición do seu Curso de Tecnoloxía e Cooperación, no que se traballarán, desde unha perspectiva teórico-prática, os modelos e metodoloxías aplicadas na Cooperación Internacional.

As xornadas celebraranse en dúas fins de semana. A primeira iniciarase o venres 15 de marzo pola tarde (16:00-20:30), continuará o sábado 16 todo o día (10:00-14:00 e 16:00-20:30) e concluirá o domingo 17 (10:00-14:00 e 16:00-20:30). A segunda xornada retomarase o venres 5 de abril (16:00-20:30), sábado 6 (10:00-14:00 a 16:00-20:30) e domingo 7 (10:00-14:00 e 16:00-20:30).

O curso ten un custo de 50 euros e está recoñecido con 2 créditos de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.