No marco do seu proxecto de atención médica "Viaje a la vida", a fundación Tierra de Hombres Galicia organiza en Coruña un concerto solidario no que contarán coa colaboración do Conservatorio profesional de música da cidade. En total, máis de 500 nenos e nenas pertencentes ás distintas agrupacións do conservatorio participarán neste evento de carácetr solidario.
O acto terá lugar no Palacio da Ópera de Coruña o vindeiro mércores 20 de marzo ás 19:00 horas, e será presentado pola escritora galega Yolanda Castaño.