Otras noticias
20/03/2013
Outras novas

InteRed organiza dúas actividades de troco e videofórum dentro da súa proposta

Dentro do marco do proxecto de Educación para o Desenvolvemento de InteRed, "Actúa con coidados, transforma a realidade", organízase unha xornada titulada "Educambio", na que se levarán a cabo dúas accións diferenciadas.

Por un lado, nas facultades de Ciencias da Educación do campus Norte e Sur de Santiago de Compostela, desde as 10:00 horas celebrarase a "Gratifeira" un mercadillo de troco no que intercambiar aqueles libros, música, roupa, etc. co obxectivo de darlles unha segunda vida útil. O encontro estará aberto ata ás 14:00 no Campus Sur e ata ás 18:00 no Campus Norte.

Por outro lado, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela celebrarase, a partir das 19:00 e ata ás 21:00 horas, un Videofórum no que se proxectarán unha serie de curtas de distintas temáticas sobre as que se debatirá e intercambiarán impresións.