A cita terá lugar o venres 22 de marzo ás 11:00 horas na sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. O grupo Pachamama Crew, integrado por sete mozos provenientes de distintos países latinoamericanos e de diferentes comunidades de España, dará un concerto no que se incluirá o tema “El tesoro”, unha composición musical construída polo grupo en colaboración cos nenos e nenas de La Chureca, en Nicaragua.
O público invitado estará formado polos estudantes dos centros gañadores do concurso de gravación dun vídeo clip participativo, acción integrada dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento de Solidariedade Internacional.
Este evento contará ademais con tres invitados moi especiais. Dúas mozas e un mozo procedentes de La Chureca, que levan dúas semanas de xira por Galicia contando as súas experiencias de vida ao alumnado galego.