Otras noticias
01/04/2013
Outras novas

Enxeñería sen Fronteiras e a asociación Arela organizan as xornadas “Claros e escuros da Cooperación Internacional”

Co obxectivo de potenciar a análise e o pensamento crítico, as xornadas “Claros e escuros da Cooperación Internacional” pretenden xerar un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre os efectos e consecuencias globais que está xerando a Cooperación Exterior. Este encontro, organizado polas asociacións Enxeñería sen Fronteiras e Arela en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD, pretende responder ás múltiples dúbidas que o propio sector se está a formular: Cales están a ser os efectos da Cooperación Internacional? Están sendo analizados? Son axeitadas as ferramentas de traballo? Cal é a visión que teñen os países empobrecidos sobre este tema?

Para responder a estas e a outras cuestións, contarase coa participación de persoas expertas na materia e con cooperantes e ex cooperantes que traballaron durante anos en países de América Latina e África. As xornadas comezarán ás 10:30 da mañá e rematarán pola tarde.