Otras noticias
03/04/2013
Outras novas

Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego apoian a planificación do acceso á auga en Honduras

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia unha intervención na zona sur de Honduras que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das e dos 8.268 habitantes da localidade de Monjarás mediante o emprego sostible dos recursos. Para logralo fortaleceranse as capacidades do persoal técnico da Alcaldía co fin de elaborar un Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico para Monjarás.

A actuación en Monjarás permitirá completar o Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico de Marcovia, municipio situado nun departamento no que máis do 80% de poboación vive en situación de pobreza. A rexión sofre asemade un importante deterioro ecolóxico no manglar pola existencia de numerosas camaroneiras e meloneiras, que verten abundantes residuos.