O Ministerio de Emprego e Seguridade Social xestiona un Programa de Cooperación Internacional, fundamentalmente en America Latina, consistente na realización de accións de asesoramento e formación a institucións homólogas do Departamento, e cuxo obxectivo é impulsar a modernización e fortalecemento das súas administracións laborais.
As asistencias técnicas, unha vez valoradas, son incluídas nunha Resolución que se somete á aprobación da Subsecretaría do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ao obxecto de que poidan levarse a cabo. Para o presente exercicio, a devandita Resolución foi aprobada, con data 25 de marzo, e inclúe trinta e tres asistencias técnicas internacionais relacionadas co ámbito de competencia do Ministerio. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o día 26 de abril.
Todas as asistencias que figuran na Resolución son obxecto de convocatoria aberta. No ANEXO IV da devandita Resolución descríbense os proxectos, as funcións e/ou actividades a desenvolver na institución contraparte, así como o perfil que deberán ter as persoas interesadas, para poder optar a cada unha das prazas convocadas.
Otras noticias
04/04/2013
Outras novas