Otras noticias
08/04/2013
Outras novas

InteRed Galicia organiza o curso Estratexia de Equinoccio: Enfoque integral de masculinidades

O enfoque integral en masculinidades é unha reflexión crítica sobre as prácticas, significados e imaxinarios sociais dos homes no que se constrúe, reproduce e lexitima a violencia de xénero, as inequidades, e a desigualdade nas relacións entre mulleres e homes. Trátase dun enfoque é profeminista e suscita posibilidades e estratexias de cambio a partir de masculinidades alternativas e diversas xa existentes.

O proceso utiliza a metodoloxía Equinoccio, unha estratexia educativa desenvolvida en Centroamérica para o traballo con homes e mulleres aliadas. Equinoccio incorpora xogos, arteterapia, traballo corporal, vídeo foros, análise, lecturas e teatro foro, análise do conflito, foto palabra, entre outras.

A matrícula estará aberta desde o 1 de abril ata o 30 de maio. O curso terá lugar do 7 ao 9 de xuño na Casa do Pacio, na Lagoa de Cospeito en Lugo.