Otras noticias
10/04/2013
Outras novas

Aberto o prazo de matrícula para o curso en liña de Comercio Xusto que promove a ONGD Jóvenes y Desarrollo

O curso de introdución ao Comercio Xusto e ao Consumo Responsable que organiza Jóvenes y Desarrollo, ten como finalidade achegar ás persoas participantes o coñecemento teórico dos obxectivos e criterios do Comercio Xusto, así coma identificar as claves do desenvolvemento histórico e da súa situación actual en España. A través de dez módulos temáticos traballaranse cuestións coma a relación entre o comercio internacional e a globalización, o papel das persoas produtoras e consumidoras dentro do enfoque do Comercio Xusto, e a relación entre este modelo de comercio e a Soberanía Alimentaria.

O prazo para inscribirse a esta formación en liña remata o vindeiro 28 de abril. O curso realizarase en 30 horas que terán lugar entre o 6 de maio e o 2 de xuño. O custo da matrícula é de 20 euros.