O filme foi elaborado por un equipo de voluntariado profesional de Agareso, formado polo cámara Xacobe González e a xornalista Mónica González, que se desprazaron a Cabo Verde para gravar as actuacións de cooperación para o desenvolvemento realizadas no arquipélago africano.
O documental, que xorde da estreita colaboración entre Agareso e o Fondo Galego desde hai tres anos, ten por obxectivo contribuír á concienciación sobre os desequilibrios Norte-Sur e sobre a importancia da cooperación como ferramenta de cambio, amosando o papel das administracións locais galegas neste eido.
Tras a edición de 1.000 copias do audiovisual nun dvd que incorpora materiais adicionais, inícianse agora as presentacións por toda Galicia.